Olga Suárez

Sabiades que España é o país de Europa onde máis pódcast se escoitan? O 45 % dos españois seguen algún contido de audio, segundo un estudo realizado por Diginat News Report. Estes datos tamén confirman que á xente moza é á que máis lle interesa esta nova tendencia de escoitar programas gravados de diferentes temas no momento do día que queiran: máis do 56 % dos internautas de ata 44 anos son consumidores de pódcast, aínda que esta porcentaxe sube ata o 70 % nos más novos.

Pero unha cousa é escoitar e outra diferente é saber facer eses contidos; o primeiro de todo é pensar a temática: se queres facer un programa musical, informativo, de entretemento ou unha entrevista. Despois hai que facer un pequeno guión, que inclúa un saúdo inicial, o corpo central e un remate; e, por suposto, engadir algunha música de ambiente. Por último, o máis importante: darlle ao botón rec e empezar a gravar, prestando atención ao ton da voz e a súa velocidade.

Queres intentalo? É a nosa proposta de concurso mensual de abril para estudantes de secundaria, FP e bacharelato: crear un pódcast de non máis de 5 minutos. Poderase participar de xeito individual ou entre pequenos grupos. Os traballos deberanse enviar por correo electrónico, ben directamente ou nunha carpeta comprimida, á dirección concursos@prensaescuela.es antes do día 6 de maio .

Poder ler aquí as bases compeltas do concurso

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies