Inauguración do primeiro monumento a Curros Enríquez en Ourense (1913) | José Pacheco.

Fernando Pariente.

A Coruña acolleu a Curros Enríquez con motivo da súa apelación ante a Audiencia Territorial contra a condena de dous anos e catro meses, máis unha multa, que lle foi imposta en Ourense por denuncia do bispo contra a súa obra Aires da miña terra en 1880. Entón defendeulle o famoso avogado Luciano Puga, tamén alcalde da cidade e coñecido cociñeiro e crítico gastronómico que asinaba os seus artigos co pseudónimo de Picadillo. A boa relación do poeta e a cidade culminou coa celebración dunha homenaxe en 1904: volveu Curros temporalmente a Galicia, dende A Habana onde residía, e a ocasión foi aproveitada por un grupo de intelectuais coruñeses para organizarlle unha homenaxe no teatro Principal, hoxe Rosalía Castro, no que se lle coroou como poeta de Galicia. O primeiro poema escrito por Curros en galego, cando aínda era estudante, titúlase Cántiga. Anos máis tarde púxoselle música e hoxe é unha as cancións máis tradicionais galegas.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies