Fernando Pariente.

Berlín, que fora a capital durante o primeiro, segundo e terceiro Reich, foi conquistada polas tropas soviéticas en xuño de 1945. Os plans de postguerra dividírona en catro sectores baixo o control das catro potencias aliadas: Unión Soviética, Estados Unidos, Gran Bretaña e Francia. Ao principio da Guerra Fría, en 1948, os tres sectores occidentais, Berlín Oeste, se reunificaron e pasaron a formar parte da recentemente creada República Federal de Alemaña, RFA, pero coa capital en Bonn. A Unión Soviética replicou coa creación da República Democrática de Alemaña, en 1949 e bloqueou a Berlín Oeste, obrigando ás potencias occidentais a comunicar e abastecer á cidade mediante unha ponte aérea. En 1961 a RDA construíu un muro para illar Berlín Oeste de toda a RDA, co fin de acabar coa emigración masiva de alemáns do Leste cara ao Oeste. Pero as fugas seguiron existindo e ao final máis dun millón e medio de persoas pasaron á Alemaña Federal. A cidade perdeu poboación porque moitos berlineses do oeste tamén a abandonaron. O muro de Berlín caeu o 9 de novembro de 1989 e algúns días despois desapareceu a República Democrática, integrada na República Federal. Berlín estaba preparada para recuperar a seu capitalidade, como efectivamente o fixo en 1991.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies