OLGA SUÁREZ

O Erasmus + é un programa da UE que facilita que alumnos e profesores poidan entrar en contacto con xente doutros centros educativos dalgún país comunitario. Unha das ferramentas coas que contan os participantes chámase a plataforma etwinning, que permite a toma de contacto para facer un traballo por proxectos en común. Foi alá onde lanzou o seu mensaxe Fernando Rodríguez, profesor do CPR Fillas de María Inmaculada de Vigo, e contestoulle Andreas Gaul, profesor do instituto alemán Max-Eyth-Schule Dreieich, de Fráncfort. Dese primeiro contacto naceu o proxecto The power of triangle.

Os dous profesores comezaron a traballar en común e involucraron a un grupo de estudantes. Ademais, outro colexio vigués uniuse á iniciativa, o Colexio Fogar Afundación.

Alumnos de FP de grao medio

Os alumnos mostraron moito interese e grazas a este alto índice de participación, viuse a posibilidade de viaxar a Fráncfort cun grupo formado por dous docentes do centro, Alejandra Martínez e Fernando Rodríguez, dous alumnos e tres alumnas do ciclo formativo do grao medio de Actividades Comerciais. «Desa visita a Alemaña, trouxemos unha moi boa impresión e unhas enormes ganas de seguir traballando», recorda Fernando Rodríguez.

O pasado 9 de outubro visitou Galicia o grupo alemán, formado polos docentes Susanne Frey e Andreas Gaul, tres alumnas e trece alumnos. «Foron dez días intensos cheos de actividades, con diversos obradoiros, a construción de dous domos xeodésicos, participando xuntos en excursións ás Illas Cíes, Santiago e un estaleiro en Marín». O grupo alemán foi acompañado en todo momento por alumnos españois

O nome do proxecto fai homenaxe aos domo xeodésicos, feitos a base de triángulos en no que colaboraron estas tres escolas. «Estes proxectos, sostidos con fondos de Erasmus+, son unha grande oportunidade para estar en contacto con alumnado e docentes doutros centros europeos, compartir moitas experiencias con eles, aprender uns de outros, vivir na diversidade, enriquecerse de novas culturas, perfeccionar un idioma e en definitiva, converternos en cidadáns do mundo, coñecendo unha Europa plural e diversa, abrindo as mentes do noso alumnado e motivándoos na aprendizaxe das linguas estranxeiras», resume o profesor vigués. E no ten dúbida de que repetirán a experiencia en vindeiros cursos.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies