Moitos dos cambios que está a experimentar a Terra teñen que ver en gran medida coas alteracións do clima, consecuencia das emisións á atmosfera dos gases contaminantes que xeran as actividades humanas. As previsións dos científicos indican que para finais deste século, e nos anos seguintes, o quecemento global conducirá probablemente a unha maior frecuencia de ondas de calor, de choivas torrenciais e inundacións en moitas rexións, unha diminución da extensión de xeo mariño do Ártico, chegando mesmo a desaparecer no verán, e unha elevación do nivel do mar, alagando moitas zonas costeiras. Tamén se esperan episodios de seca, que contribuirán ao aumento das zonas desérticas, ocasionadas pola deforestación, o exceso de cultivos e o mal uso da auga. 

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies