Pregunta: Lorena, 14 anos.
Responde: Bibiana García Visos.

O carboncillo é un material empregado na actualidade en belas artes para crear obras artísticas. Ten un trazo groso de cor negra intenso, con aspecto mate, moito máis escuro que outro dos materiais que tamén se adoitan usar para debuxar, o grafito, máis gris e metálico. Os carboncillos son un material natural que se obtén de queimar pequenas ramas de árbores ou arbustos, sobre todo do sauce, o olivo, o bidueiro e o brezo. O uso de carbón para pintar coñécese desde moi antigo: hai covas prehistóricas de fai 30.000 anos, como a de Chauvet, en Francia, que presentan pinturas rupestres feitas con este material. Son da época en que os nosos antepasados comezaron a crear arte. Unha das pinturas máis antigas que coñecemos é a dunha cebra atopada na cova Apolo XI de Namib.

Fai a túa pregunta

2 + 1 =

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies