PREGUNTA: Mateo, 10 anos CEIP Juana de Vega, San Pedro de Nós, A Coruña.
RESPONDE: FRAN ARMESTO.

Seguramente saberás que as bacterias forman un grupo de seres vivos que mostran unha enorme capacidade para sobrevivir en condicións extremas (algunhas mesmo poden vivir en reactores nucleares e no espazo exterior). Son tamén os organismos que presentan a maior diversidade na súa capacidade para obter a enerxía necesaria coa que fabricar os seus propios alimentos. Algunhas bacterias, por exemplo, poden utilizar a enerxía do sol, como as plantas (o proceso que empregan é a fotosíntese). Outras moitas bacterias poden utilizar a enerxía que obteñen de diferentes reaccións químicas (oxidación de amoníaco, ferro, nitróxeno, etc.) para fabricar os seus alimentos; nestes casos o proceso denomínase quimiosíntese.

Fai a túa pregunta

5 + 2 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies