Pregunta: Paula, 11 anos, CEIP Condesa de Fenosa, O Barco de Valdeorras, Ourense.
Responde: Patricia Barciela Durán.

A linguaxe non verbal pode darnos algunhas pistas para saber se lle gustamos a unha persoa. Unha delas é o contacto visual mutuo. A xente mira á xente que lle gusta e evita mirar a quen que non lle gusta. Pero hai unha fina liña entre o aumento do contacto visual e unha ollada fixa durante moito tempo, algo que pode ser descortés. As persoas que se gustan reflicten as posicións dos seus corpos, colocándose coma se fosen un espello. Tamén adoitan eliminar calquera obstáculo entre eles. En cambio, cando a alguén non lle gusta a persoa coa que está, a miúdo pon barreiras con ela. As barreiras poden ser artigos persoais como carteiras, xornais, revistas ou cuncas. Unha barreira non significa necesariamente que non lle gustes, pero faiche saber que a relación non se estableceu aínda.

Fai a túa pregunta

11 + 10 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies