Pregunta: Sofía Fraga Ortiz.
Responde: Bibiana García Visos.

Ata onde sabemos, non hai vida como a nosa noutro planeta, pero podería habela e nós non habelo descuberto aínda. Pero polo momento, a enorme cantidade de vida que hai na Terra parece unha rareza no Universo. O noso planeta mostra algunhas características que o fan único e habitable. Esas características son as seguintes: ten unha distancia adecuada ao Sol, está o suficientemente preto para que os seus raios quenten a superficie terrestre pero o suficientemente lonxe como para que o vento solar non a arrastre; conta cun núcleo capaz de xerar un campo magnético, que tamén nos protexe do vento solar e dos raios cósmicos; conta cunha atmosfera que impide que a súa temperatura sexa demasiado fría, e contén auga e osíxeno. Estas particularidades permitiron a aparición da vida nun longo proceso de miles de millóns de anos.

Haz tu pregunta

13 + 5 =

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies