6. RECURSOS

6.1 A Fundación de Educación Ambiental -FEE, polas súas siglas en inglés- é unha organización sen fins de lucro e non gobernamental que promove o desenvolvemento sostible a través da educación ambiental e a administración os seus cinco programas: Ecoescolas, Bosques na Escola, Novos Reporteiros para o Medio Ambiente, a Dave Verde e Bandeira Azul. A campaña Bandeira Azul enfócase especificamente á promoción do desenvolvemento sostible do sector turístico costeiro.

Dirección: FEE – Danish Outdoor Council, Scandiagade 13 – 2450 Copenhagen SV – Denmark – Tel 45 33 28 04 11 – Fax 45 33 79 01 79

Mail: blueflag@blueflag.org y coordination@blueflag.org

6.2 O Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA), a través do seu programa de Turismo na División de Tecnoloxía, Industria e Economía

PNUMA / DTIE, ten a misión de garantir a conservación, a través da xestión e o uso sostible, da contorna natural, cultural e artificial como parte integral de todo desenvolvemento turístico.

http://www.unep.fr

6.3 A Organización Mundial do Turismo (OMT), organismo das Nacións Unidas, continúa apoiando o desenvolvemento de prácticas que promoven os beneficios do turismo e a súa contribución no uso sostible dos recursos naturais. Como tal, a OMT elaborou unha serie de publicacións técnicas con pautas para o desenvolvemento do turismo e instrumentos sobre políticas específica dentro do desenvolvemento sostible.

http://world-tourism.org/sustainable

6.4 A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) é unha asociación sen ánimo de lucro, cofundadora no ano 1982 da Fundación Europea de Educación Ambiental (FEE) xunto con outras organizacións non gobernamentais doutros países europeos, constituíndo a súa rama nacional en España para todos os efectos.

ADEAC formaliza a súa existencia como rama española da FEE desde 1984, aínda que a cooperación informal entre os seus membros remóntase a mediados dos anos 70. Estes contribúen aos primeiros materiais e cursos de Educación Ambiental para educadores, tanto na Rede INCIE-ICEs como en escolas de verán das primeiras Reservas Ecolóxicas Educativas e intercambios internacionais neste campo.

Dirección: C/ Velázquez, 45 2.º (Int) Dcha. 28001 Madrid. Tel: 91 435 31 47 . Fax: 91 435 05 97 . Correo-e: adeac.feee@teleline.es

http://www.adeac.es

6.5 Para estudar os criterios polos que se concede a bandeira azul: www.bluefhg.org

6.6 A noticia en La Voz de Galicia: Conecta con esta dirección e poderás enterarte tamén do catálogo de praias con bandeira azul en toda Galicia: http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=5856891&lnk

6.7 DOCUMENTO BÁSICO. En BfManual_es.pdf atoparás unha ampla información sobre a bandeira azul nas praias. Entre os textos importantes figuran os 29 criterios polos que se concede a bandeira azul e que che servirán de test para aplicalos en calquera praia que visites na que ondea ese distintivo.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies