5. METODOLOXÍA

5.1 Ás veces é fácil atopar unha serie de vídeos que se poden programar para presentar algunhas praias importantes no mundo. Un exemplo, entre moitos, que será necesario ver previamente e programar a súa presentación será:

http://www.diariodelviajero.com/2006/07/05-guia-de-las-mejores-playas-del-mundo

5.2 Outra forma de comezar é o suxerido en Coñecementos e actitudes previas, dando oportunidade a que cada un se exprese sobre o mundo das praias, qué coñecen da bandeira azul, cales son as súas actitudes, os problemas máis importantes, etcétera.

5.3 E, por suposto, un exercicio de campo en directo: comezar a investigación nun praia con Bandeira Azul. Comprobando ata que punto cumpre ou non cos criterios descritos (4.2)

5.4 A partir desa experiencia visual ou experimental, aclarar os conceptos de bandeira azul (4.1) e a súa historia.

5.5 Un percorrido aos mapas para situar a praias de bandeira azul en Galicia, España, o mundo.

5.6 Un debate sobre a importancia ambiental, social, económico do turismo nas praias, partindo de datos que se poden obter nos centros de turismo dos concellos.

5.7 E, aos poucos, intercalando a medida que van saíndo, a descrición e definición das palabras crave que aparecen en Avaliación (7) e algún experimento a pé de campo no que se comprobe o que alí se describe.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies