Pregunta: Kevin Ricardo Vargas, 12 anos, Unidad Educativa Charles Darwin, Quito (Ecuador).
Responde: Cristóbal Ramírez Gómez.
Pois depende, Kevin Ricardo, que é unha resposta que damos moito por esta parte de España chamada Galicia. Depende de en que empresa traballes, o cargo que ocupes, o moito ou pouco que traballes, a experiencia que teñas… En La Voz de Galicia é difícil atopar a dous xornalistas que cobren exactamente o mesmo, porque se un fai unha quenda nocturna xa cobra máis, o se este mes traballou un domingo ou tres, etc. Pero sendo importante gañar diñeiro -porque nos permite comprar cousas que necesitamos, algunhas moi importantes-, o fundamental nun traballo é que che guste. Se tes que ir todos os días a un hospital e preferises ser enxeñeiro naval, por exemplo, acabas amargado. Así que ti estuda para ser o que queiras ser. Despois, é fundamental tamén ter un bo ambiente de traballo, levarte ben cos compañeiros aínda que non sexan os teus amigos. E así a túa vida será máis grata e ti serás máis feliz, que é do que se trata.