A noticia do día

  • Quen
  • Que
  • Onde

Chernóbil, un macabro escenario para «influencers» As redes sociais énchense de imaxes frívolas tomadas na zona do desastre nuclear de 1986

Chernóbil, un macabro escenario para «influencers» As redes sociais énchense de imaxes frívolas tomadas na zona do desastre nuclear de 1986

Imaxe da serie de HBO.

LA VOZ | REDACCIÓN | 10/06/2019.

Cando aínda está fresca a indignación que xeraba ver a xente colgando selfis feitos no campo de concentración de Auschwitz, as redes sociais mostran a nova tendencia de escenarios macabros. Trátase de retratos feitos en Prípiat, a cidade onde se produciu en 1986 o desastre nuclear máis importante da historia.

Motivadas polo éxito da serie de HBO, cada vez son máis as persoas que se achegan á zona, deixando as súas instantáneas en Instagram. Moitas delas irrespectuosas co alí ocorrido. Outras directamente temerarias. E as máis, tan frívolas como as que un pode facerse en Disneylandia ou Eivissa.

Pasaron xa 33 anos desde o accidente e xa non é tan perigoso estar alí como nos anos oitenta. Con todo, non se trata dun lugar seguro. Hai que acudir tomando precaucións, solicitando un permiso especial, que está só dispoñible para residentes e traballadores.

Actividades

1. ¿A que desastre nuclear se refire esta noticia? ¿En que país –que xa non existe– sucedeu?

2. Se queres saber como chegar a esa zona, segue lendo a noticia, que aquí tes enteira.

3. Está de moda colgar fotos en Instagram, a rede social favorita da xente nova. Pero o que se pon aí queda para sempre, así que hai que pensarllo dúas veces… e con calma.

4. Sobre todo, a noticia é unha chamada de atención: hai lugares que non son para tomalos a risa, porque neles sufriron (e morreron) milleiros e milleirs de persoas, de maneira que o lóxico é respectalos.

5. Antonte publicamos esta análise, que te axudará a entender mellor que pasou e por que.

6. Imos chamar ás cousas polo seu nome: os influencers non existen. É a mesma publicidade de sempre con outro aspecto. Os likes (ou sexa, os gústame) simplemente se compran.

7. Conclusión: faille caso aos teus pais, ou aos teus profes, ou aos médicos, ou aos teus bos amigos, non a uns influencers a quen pagan as empresas para que digan tal ou cal cousa.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies