Ademais de aproveitar a prensa como unha ferramenta didáctica e traballar con ela no aula, Prensa-Escuela ofrece aos colexios a oportunidade de aproximarse ao día a día da actividade xornalística mediante as charlas cun profesional da comunicación.
Esta actividade, que se desenvolve de marzo a xuño, permite aos escolares coñecer da man dun xornalista da Voz, que se despraza aos centros que o solicitan, como funciona un xornal e preguntar todas as súas dúbidas e curiosidades achega da actualidade e dos medios de comunicación.
