OLGA SUÁREZ

Hai persoeiros da historia que deben acompañar aos nenos dende pequenos, sobre todo aqueles que están relacionados co seu entorno. É o caso de Manuel Murguía, historiador e escritor, creador da Real Academia Galega e un dos artífices do coñecido Rexurdimento Galego, xunto a Rosalía de Castro, que foi a súa muller e coa que tivo sete fillos. Estamos falando duns anos no século XIX no que xurdiron escritores comprometidos coa defensa do galego, tras séculos nos que o idioma non estaba ben visto.

Toda esta información é coñecida xa polo alumnado de sete colexios galegos cuxos profesores elaboraron conxuntamente un paquete de actividades didácticas para traballar, coincidindo co centenario da a morte de Murguía, o 2 de febreiro. As escolas participantes son o Emilia Pardo Bazán, o Manuel Murguía de Feáns, o Salgado Torres e o Ramón de la Sagra, todos eles en A Coruña; o R. Otero Pedrayo de A Laracha, o San Pío X de Ourense e o Sofía Casanova de Culleredo.

«Pequeno de corpo e grande de esforzo», Manuel Murguía naceu o 17 de maio en 1833 en Oseiro (Arteixo) e finou en 1923 en A Coruña. En 1845 a súa familia marchou a Santiago e nesta cidade foi dende rematou o bacharelato e a carreira de Filosofía. Os alumnos descubriron con estas actividades que Murguía comezou a carreira de Farmacia, para seguir coa profesión do seu pai, pero non a rematou. Despois, trasladouse a Madrid onde iniciou a súa carreira como xornalista. Na capital casou con Rosalía de Castro, coa que tivo sete fillos. A súa vida cultural foi enorme: foi cronista de Galicia, director do Arquivo xeral de Simancas e fundador da Real Academia Galega, tamén o seu primeiro presidente. Foi el quen animou a Rosalía a escribir a súa obra más relevante, Cantares Gallegos, publicada o 17 de maio de 1863, unha fecha que agora celébrase coma o Día das Letras Galegas, pero que tamén coincide coa do aniversario de Murguía.

Os centros educativos participantes expoñen estes días uns carteis que percorren a vida do historiador para que os nenos podan coñecela e despois traballar nas actividades propostas: un cuestionario, uns pasatempos, encrucillado e ata un espazo para debullar.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies