2. CONTIDOS BÁSICOS

2.1. Coñecementos previos

-Os alumnos deberían ter unha idea esencial dos períodos literarios que se adoitan distinguir na historia da literatura española, comprender a dinámica de evolución ou ruptura entre uns períodos e outros e o carácter basicamente convencional desta periodización.

-Así mesmo, deberían comprender que trala Guerra Civil a maioría dos intelectuais emigraron e ademais España estaba pechada a Europa, polo que os primeiros pasos literarios de posguerra non se producen nin por evolución nin por reacción, senón que parten de cero. Neses momentos sucederanse tres etapas: recuperación, realismo social e experimentalismo.

2.2. Contidos conceptuais

-Recoñecemento da noticia. Coñecemento da contorna (social, histórica, xeográfica) dun autor para a adecuada interpretación da súa obra (Actividade A).

-Da noticia e do artigo, recoñecemento de:

  • Termos: aniversario, fundación, epistolario, manuscrito, editorial, novelar, poetizar.
  • Feitos: inauguración, exposición sobre Cela e Galicia, publicación de Retorno a Iria, premio Nobel.
  • Datas: 17 de xaneiro do 2002 (morte de Cela) e do 2007 (quinto aniversario);
  • Sitios: Padrón, Iria Flavia.
  • Persoas: Cela, Marina Castaño, Torrente Ballester, Valle-Inclán, Quevedo, Gabo (García Márquez), Cunqueiro, Otero Pedrayo, Ferreiro, Méndez Ferrín.
  • Animais: Moby Dick.
  • Monumentos: obras de Cela mencionadas
  • Clasificacións: realismo máxico, Cela e Galicia.
  • Temas: retablos de la condición humana.

2.3. Contidos procedimentais

-Achegamento á análise de textos: que sexan capaces de responder a cuestións concretas relativas aos textos, para que comprendan que os xuízos e valoracións que se fai dos autores veñen apoiadas en datos comprobables directamente nas súas obras… (actividades B e E).

-Desenvolvemento e aplicación de conceptos básicos (actividades B e E).

-Selección dos fitos máis importantes na biografía do autor (actividade C).

-Interpretación dalgunhas expresións do artigo Xigantes (actividade D).

2.4. Contidos actitudinais

-Importancia de coñecer a contorna (social, histórica, xeográfica) dun autor para a adecuada interpretación da súa obra. Tamén, a importancia duns escritores fronte (e grazas) a outros.

-Coñecemento da linguaxe para entender as claves das obras literarias.

-Descubrir os elementos constitutivos da obra literaria que permiten avanzar no seu goce estético.

-Aceptación do valor da obra dunha persoa, malia a súa forma de ser.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies