
1. OBXECTIVOS
1.1. Obxectivos básicos
- Coñecer ao escritor Camilo José Cela. Situalo na súa época e relacionalo cos seus coetáneos. Recoñecelo como o único Nobel galego.
- Coñecer a biografía de Cela (Documentación, no punto 7), os fitos máis significativos da súa vida e as súas obras máis importantes.
- Iniciarse no coñecemento da súa obra.
- Comprender (Artigo) por que algúns escritores se fan grandes.
1.2. Obxectivos de ampliación
- Lectura (comprendendo) ben dalgún fragmento elixido polo profesor, ben dunha novela de Cela.
- Achegamento ao comentario crítico de textos. Desenvolvemento e aplicación de conceptos básicos.
- Redacción dun traballo técnico sobre algún aspecto da novela lida. Aínda non é o momento para o desenvolvemento de traballos de opinión, que esixen un coñecemento da obra máis profundo para non resultar en vaguidades.