Pregunta: Juan Sousa Domínguez, 11 anos, CEIP Fermín Bouza Brey, Ponteareas (Pontevedra).
Responde: Francisco Armesto Ramón.

Podería haber miles. Todo depende da característica que queiramos empregar para diferencialas. Por exemplo, algunhas teñen unha especie de cuberta dura (parede celular) mentres que outras están espidas. Tamén sucede que moitas non poden desprazarse mentres que outras poden facelo, xa sexa empurradas polo movemento de filamentos ou por extensións do seu corpo. Os biólogos consideran importante diferenciar dous grandes tipos de células, en función de como é a súa organización interior. As que teñen compartimentos denomínanse células eucariotas e son típicas dos animais, vexetais e fungos; as que non posúen esta organización chámanse procariotas e así son as que forman a maior parte do que chamamos microbios (como as bacterias). Pero se nos centrásemos nas funcións que realizan dentro dun organismo, só no ser humano existen 200 tipos.

Fai a túa pregunta

6 + 4 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies