Pregunta: Lucía, 9 anos, CEIP As Nogais (Lugo).

Responde: Cristóbal Ramírez Gómez.

Pois non o sabemos, Lucía. Polo menos non o sabemos con exactitude, porque hai países moi pobres e moi pouco desenvolvidos onde non se contan, simplemente, nin os vivos nin os mortos. Mira nun mapa de África. ¿Ves Sudán? E Ruanda? Pois nas aldeas deses países a xente nace, vive, é feliz, é desafortunada e morre. Pero ninguén os conta. De maneira que che vou a dar uns números aproximados: cada día falecen neste planeta unhas 156.000 persoas. Ou sexa, como o día ten 1.440 minutos, morren unhas 109 persoas por minuto. ¡Parece que non vai quedar ninguén na Terra, pero non é así, porque cada día nacen 373.000! Ou sexa, 259 por minuto. De maneira que restando nacementos (259) e mortes (109) resulta que cada minuto somos 150 persoas máis. Iso si, moi mal repartidos: Galicia ten cada ano menos habitantes, e iso si que é unha mala noticia. ¿No teu colexio hai tantos alumnos como fai dez anos? ¿Por que non llo preguntas ao teu profesor?

Fai a túa pregunta

2 + 10 =

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies