O número de neuronas que temos ao nacer é similar ao doutras etapas da nosa vida. Para ser honestos, habería que dicir que, en realidade, o número de neuronas non se coñece con exactitude para ningunha idade. Adóitase utilizar a estimación dos cen mil millóns de neuronas, pero trátase tan só dunha aproximación. O que si é certo é que o número de conexións entre neuronas, as chamadas sinapsis, aumenta espectacularmente entre o momento do noso nacemento, cando temos apenas uns cantos centenares de miles, e a idade adulta, cando se alcanzan os miles de billóns.

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies