A luz, o ultravioleta e os infravermellos son radiacións, pero imaxino que che refires á radiación radioactiva que desprenden algúns elementos químicos. O dano que nos podería causar esta radiación depende da cantidade que recibamos e do tempo no que a recibimos. Para medila utilízase unha unidade denominada “Sievert”, que indica a radiación absorbida por un elemento vivo; e o miliSievert sería unha milésima parte desa unidade. Por exemplo, da nosa contorna natural recibimos uns 2 miliSieverts ao ano sen que nos cause problemas. Unha radiografía de peito produce unha radiación de 0,1 Sievert, e 100 miliSieverts é a cantidade límite recomendada que poden recibir as persoas cada cinco anos. Recibir unha dose de 5.000 miliSievert sería suficiente para matar á metade das persoas expostas, pero se a dose chegase a 10.000 morrerían todas.
¿Canta radiación fai falta para matar a unha persoa?
3 Maio, 2018
