Pregunta: María, Salesianos, Ourense.
Responde: Marcos Pérez Maldonado.

Esta pregunta é moi interesante, entre outras cousas porque ninguén sabe exactamente a resposta. Os científicos estiman (é dicir, calculan baseándose en aproximacións) que cada día caen á Terra entre 3 e 300 toneladas de material procedente do espazo. A verdade é que non é unha aproximación moi boa (imaxina que preguntas canto falta para rematar o curso e a resposta é entre 3 e 300 días), mais o certo é que a cantidade exacta é difícil de calcular. Cando se estuda canta desta poeira espacial queda depositada nos xeos polares o resultado é que entre 100 e 300 toneladas diarias. Pero cando se miran os datos que proporcionan os radares e os voos de gran altura o resultado apenas supera as 3 toneladas diarias. En calquera caso, sabemos que se trata dos restos da formación do Sistema Solar e de pequenos anacos de cometas ou asteroides que o noso planeta vai recollendo a medida que percorre a súa órbita arredor do Sol. Ás veces os grans de po deixan na súa caída unha estela que chamamos estrela fugaz.

Fai a túa pregunta

15 + 15 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies