A noticia do día

  • Quen
  • Que
  • Onde

¿Cando e como hai que usar máscaras? Son obrigatorias dende hoxe en espazos públicos pechados e na rúa se non se pode gardar a distancia de dous metros.

¿Cando e como hai que usar máscaras? Son obrigatorias dende hoxe en espazos públicos pechados e na rúa se non se pode gardar a distancia de dous metros.

Unha parella pasea por Riazor protexida con mascarillas | ÁNGEL MANSO

IAGO GARCÍA | REDACCIÓN / LA VOZ | 21/05/2020

O uso de máscaras xa é obrigatorio a partir de hoxe para os maiores de 6 anos. A norma aplicarase a espazos públicos pechados e tamén na rúa se nos é posible manter unha distancia de á menos dous metros entre persoas, pero hai excepcións segundo as circunstancias.

¿Quen deben usalas? Os maiores de seis anos de idade. Recoméndase para nenos de entre 3 e 5 anos. Sempre nos lugares mencionados: espazos públicos pechados -dende tendas a centros de estudo, locais de lecer e hostalería, etc.- e na rúa se non é posible manter unha distancia interpersoal de dous metros, a recomendada para evitar contaxios.

Actividades

1. ¿Os que saen a facer deportes teñen que poñerllas? Non.

2. ¿Hai excepcións por problemas de saúde? Si. As persoas para as que o uso da máscara resulte contraindicado e os que teñan dificultades respiratorias.

3. Nun establecemento de hostalería o seu uso non será esixible; pero debe garantirse a separación de seguridade entre as mesas.

4. ¿En casa dun amigo ou familiar? O recomendable é usalas e manter no posible a distancia de seguridade.

5. ¿Onde compralas e canto custan? O mellor é acudir a unha farmacia, aínda que cada vez máis cadeas de supermercados as teñen. Prezo: 0,96 euros.

* IMPORTANTE: Na edición dixital de La Voz tes un amplo informe, con esquemas e ilustracións. Fai click aquí.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies