Pregunta: Laura, 11 anos, CEIP Cidade Vella, A Coruña.
Contesta: Cristóbal Ramírez Gómez.

Enquisa na redacción central de La Voz de Galicia: os horarios, Laura. ¿E cales son os nosos horarios? Ningún. Ou sexa, que todos os días sabes cando entras e nunca cando vas saír, sexa luns ou domingo ou o día de Nadal, ou o de Aninovo ou o de Reis. Por suposto que te afás a iso, por suposto que dende o primeiro día xa sabemos que iso é así, non vimos traballar enganados. E afaste. O problema é que non se afán os demais: a túa muller ou o teu home, os teus fillos, os teus pais, os teus amigos que xa non te avisan para ir ao cine… Esta é unha profesión que che absorbe moito, e se non tes unha forte vocación non é doado resistir. De feito hai moitos compañeiros que chegados a unha idade procuran un traballo máis tranquilo nun gabinete (ou sexa, nese departamento de comunicación das empresas ou da Administración onde non hai tanto estrés diario). ¿Outra desvantaxe? Pois que todos, sempre, queremos gañar máis, todos creemos que cobramos pouco, pero isto é común a todas as profesións, e é san: queremos vivir mellor. Se non fóra por ese desexo, estariamos na Prehistoria aínda. Por certo, ¿ti que queres ser de maior, Laura?

Fai a túa pregunta

11 + 13 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies