Pregunta: Alba, 10 anos, CEIP Barrantes, Tomiño (Pontevedra).
Responde: Cristóbal Ramírez Gómez.

Curiosa pregunta, Alba, á que non che podo responder por dúas razóns: porque non me lin aínda todo o libro e porque, se o lese, non faría o que agora se chama spoiler e antes destripar. É dicir, hai que ler o libro. Pero si podo darche algúns datos que quizais ignores. Por exemplo, que Eric Wilson, o autor de Terror en Winnipeg, debido ao traballo do seu pai -foi oficial da Real Policía Montada do Canadá-, durante a súa infancia viviu en diferentes rexións do seu país, como Winnipeg. Así que coñeceu de primeira mano lugares e costumes que máis tarde lle axudaron na construción dos personaxes e ambientes dos seus libros. Por iso escribiu esa obra tan profundamente policíaca e que tanto éxito ten en todo o mundo. E o que si che recomendo, no meu nome e no de todos os meus compañeiros de La Voz de Galicia, é que leas. E que leas moito. Descubrirás outros mundos que te axudarán a ser máis feliz no teu. (Por certo, ¿paréceste a Dianne Dorchester, que ten o pelo louro e os ollos azuis?)

Fai a túa pregunta

14 + 9 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies