Pregunta: Antía Boo Pardo, 10 anos, CEIP Vicente Otero Valcárcel, Carral (A Coruña).
Responde: Francisco Armesto Ramón.

En xeral ningún invento créase da nada. Por iso, antes de que se existise o primeiro coche con motor similar aos actuais (os que empregan diésel e gasolina) xa se construíron vehículos impulsados por máquinas de vapor; o primeiro funcionou en 1769. De todos os xeitos, considérase que o primeiro automóbil é o que patentou Karl Benz en 1886 e que denominou velocípedo; tiña tres rodas, motor de combustión interna e parecíase moito a unha carruaxe de cabalos. Pero o primeiro coche con catro rodas construíuno ese mesmo ano outro inventor, Daimler. Durante os derradeiros anos do século XIX e os primeiros do XX fóronse incorporando moitos outros inventos como os pneumáticos, o volante, o cambio de marchas, o radiador e o acelerador de pé.

Fai a túa pregunta

13 + 11 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies