Pregunta: Luis, 10 años, CEIP Cidade Vella, A Coruña.

Responde: Cristóbal Ramírez Gómez.

Bos días, Luis, dou por feito que te refires ao meu compositor favorito. Direiche que sempre que podo, no meu despacho, traballo con música posta. Música suave, tranquila. Claro que se teño que estudar e aprender algo entón o silencio é fundamental, como é fundamental para calquera. Na gran redacción de La Voz de Galicia escóitanse voces, preguntas, impresoras, ás veces algún televisor e nada máis. E por desgraza, constatamos que interesa moito máis unha noticia de música pop, rock ou rap que da clásica, e non publicamos moitas informacións sobre esta. O luns pasado si. Por desgraza tamén, porque a noticia referíase ao pasamento dun gran director e compositor pouco coñecido en España pero moi popular no seu país natal, Alemaña. Iso si, sempre publicamos unha crónica sobre o concerto de Aninovo en Viena, asinada polo noso crítico musical. Pero vexo que non contestei aínda á túa pregunta: o meu compositor favorito é Johann Sebastian Bach, pero preguntei aos compañeiros que agora mesmo teño ao meu ao redor e non hai acordo: un di Mozart, outro Strauss pai e outro só escoita música gregoriana

Fai a túa pregunta

15 + 9 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies