Pregunta: Valentina, 11 anos, CEIP Cidade Vella, A Coruña.
Responde: Cristóbal Ramírez Gómez.

A pregunta deixounos sorprendidos, Valentina. Así que empecei a facer skypes e videochamadas por whatsapp para ver se os meus compañeiros de Internacional ou os de Sociedade sabían algo. Só un deles estivera en Islandia, e para iso unha semana de vacacións, e todos quedamos en investigar e, de paso e grazas a ti, aprender algo máis. E resulta que o sistema de apelidos en Islandia é complexo, non é como aquí: ti terás o primeiro apelido do teu pai e o primeiro da túa nai (pode ser ao revés tamén, pero destes casos hai moi poucos). Pero en Islandia non é así. Os apelidos islandeses fórmanse co nome do pai (en xerundio) máis unha terminación, que no caso dos fillos é -sson e no das fillas, -dóttir. E do mesmo xeito que en máis países do norte de Europa, un non pode poñer aos seus fillos o nome que lle pete, senón que hai unha lista moi longa e elixe entre ela. Aquí en Galicia temos na actualidade moitos nomes inventados, o cal dá lugar a confusións. Por exemplo, antes do coronavirus estiven nun aula onde había tres chicas que se chamaban Yésica, pero as tres escribíanse distinto. Pero respondendo á túa pregunta, dende Islandia contestáronos dicindo que hai 173 nomes masculinos e 172 femininos que practicamente están empatados. Así que non debe haber ningún que destaque. ¿Gustaríache vivir aló?

Fai a túa pregunta

3 + 4 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies