Desde o punto de vista da bioloxía a vida é un feito que xurdiu fai uns 3.800 millóns de anos na Terra como resultado das reaccións dos compostos e elementos químicos que abundaban na atmosfera. As primeiras formas de vida desenvolvéronse no océano, e a partir de aí o proceso da evolución levou á existencia de millóns de especies, cada vez máis complexas. Entre elas, o Homo sapiens, nós, a única especie sobre a Terra cun desenvolvemento do cerebro tal que nos permite preguntarnos sobre nosa propia existencia, sobre a nosa orixe, o noso futuro ou sobre o sentido da vida. A ciencia pode ofrecer respostas sobre as regras e principios que dirixen os procesos da natureza, mentres que a filosofía e a relixión achegan reflexións e outro tipo de explicacións sobre estas cuestións.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies