Pregunta: Carla, 8 anos, CEIP Fontes Baíña, Baiona (Pontevedra).
Responde: Susana Pérez Castelo.

O nome da Terra procede da palabra latina terra, que ten como significado chan ou terra baixo os pés. Noutros idiomas, como o alemán ou o inglés, a palabra que designa á Terra ten tamén ese significado de chan. Comezou a utilizarse na antigüidade para nomear o lugar no que vivimos, cando aínda non se sabía que a Terra era un planeta. Con todo, o resto dos planetas do Sistema Solar teñen nomes que proveñen da mitoloxía, como Marte, deus da guerra; Venus, deusa do amor e a fertilidade, ou Neptuno, deus dos mares.

Fai a túa pregunta

9 + 7 =

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies