4. METODOLOXÍA

É importante que o profesor gradúe a dificultade das actividades, pois algunhas poden empregarse para distintos niveis, se se adaptan convenientemente. O que segue só é unha posible utilización dos recursos presentados.

4.1. Secuencia de actividades

As actividades concebíronse para ser aplicadas nos seguintes niveis:

  • En primaria: A, D e G.
  • En ESO: A, B, E e H.
  • En bacharelato: A, C, F e I.

No entanto, se se gradúa a súa dificultade, algunhas delas poden adaptarse a outros niveis. Por exemplo, a (I) podería trasladarse á ESO , ou a (F) a calquera nivel, se se fai unha boa selección de preguntas. Tampouco a actividade (E) debe desdeñarse para o bacharelato (con todo, non é adecuada para primaria, porque a distinción entre situacións formais e informais pode non ser clara para todos). Tamén as actividades baseadas na detección de interferencias (H) son aplicables a calquera nivel (aínda que por afastarse do tema non debería deixar de ser unha actividade de ampliación en ningún caso).

4.2. Agrupamentos e espazos

A actividade (A) pódese desenvolver de forma individual (lectura silenciosa) ou en común (lectura en voz alta a cargo do profesor ou do alumno, pero o texto terao cada un).

Para as actividades (D) e (G), pequenos grupos (de dous a cinco alumnos, segundo o hábito de funcionamento no aula).

A actividade (F) pode requirir, segundo se conciba, agrupamentos (de 5 ou 6 alumnos) e ata movementos dos alumnos e tempo para a súa preparación.

As demais están pensadas para o gran grupo na aula.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies