3. ACTIVIDADES

Xunto con cada actividade danse indicacións metodolóxicas.

3.1. Actividades de introdución

(A) Lectura da noticia.

(B) Xogo: Quen-sabe-que. Aproximación ao concepto de bilingüismo.

Mediante preguntas guiadas, o profesor irá extraendo os coñecementos de partida dos alumnos para intentar que descubran o significado etimolóxico do concepto e que formalicen os seus propios coñecementos previos sobre a situación lingüística de España.

Segundo o nivel dos alumnos, pódense facer grupos, outorgar puntuacións, que as preparen e llas fagan uns a outros…

Exemplos de preguntas: ¿Que dous elementos léxicos se distinguen en “bilingüismo”? ¿Que significa cada un? ¿Que é unha lingua? ¿Que significa “bi”? ¿Pode haber trilingüismo, alguén coñece algún caso? ¿Quen me di unha comunidade autónoma na que se fale máis dunha lingua?, ¿que lingua? ¿Onde está Cataluña (e o País Vasco e a Comunidade Valenciana e as Baleares)? ¿Por que [non] mencionastes primeiro Galicia e o galego? ¿Cantas provincias hai en Galicia? ¿E en Cataluña (e no País Vasco e na Comunidade Valenciana e en Baleares)? ¿Como se fala en Navarra?

(C) Spanglish: intercambio de códigos

Pica no primeiro capítulo do Quijote redactado en spanglish

Tómase completo ou unha parte (é algo longo para unha sesión) e pídese aos alumnos que sinalen elementos do texto en español (nombre, no quiero), en inglés (not so long ago) ou mesturados (remembrearme) e disponse en listas.

Se se quere, pódese complicar o exercicio subclasificando por categorías (nomes, verbos, adverbios, locucións…) para comparar despois que ten máis forza en cada lingua.

3.2. Actividades de desenvolvemento do proceso

(D) Xogo das 7 pistas, segundo a ficha A1.2 do libro Guía del profesor A. La noticia, aplicado á noticia desta unidade didáctica.

(E) Quiniela bilingüe (ESO)

Sinala cun G (galego), un C (castelán) ou un A (ambas as dúas, indistintamente) que lingua usas nas seguintes ocasións:

1. Prefires leer (libros, xornais)

2. Enteendes mellor as explicacións de clase

3. Copias os apuntes na clase

4. Lle explicas ao médico, ao psicólogo, ao orientador o que che ocorre

5. Falas cos teus pais para pedirlles, contarlles

6. Falas cos teus amigos

7. Chateas, navegas por Internet, escribes SMS

8. Contestas ao descolgar o teléfono

9. Contestas cando estás enfadado

10. Contas as cousas que che poñen contento ou que che gustan

A continuación cóntanse as respostas, pero non todas valen igual. As cinco primeiras preguntas recollen situacións formais e as cinco últimas situacións distendidas.

Despois do reconto, o alumno debe valorar se o seu comportamento (ou o da súa contorna) é bilingüista ou diglósico.

(F) Estatística CIS

Cos maiores pódese acudir ao estudo do CIS Uso de linguas nas comunidades bilingües (de 1998). Ao principio deste estudo enuméranse as cuestións sobre as que se preguntaba aos enquisados, así que se pode tratar de responder a estas preguntas (se cadra, reelaborándoas). Pódese facer unha selección das preguntas ou tratar de responder a todas.

Cada alumno observará situacións en que se usa o galego e o castelán.

Xunto a cada unha anotará: en que lingua lle falaron, en cal falou el, se comezou a falar ou respondeu e se a situación era formal ou non.

Por grupos (grandes, de 6 ou máis) ponse os datos en común e elabórase unha estatística da clase.

3.2.2. Actividades de ampliación

(G) Noticias bilingües (primaria)

Os alumnos buscarán no xornal algunha páxina na que se empreguen o galego e o castelán, ben dentro dunha noticia, ben en distintas noticias (dentro dunha páxina ou dunha sección).

Recortarán as noticias en que se usen as dúas linguas.

Se se dispón de varios exemplares, tamén as partes en galego e as partes en castelán, para pegalas, nun mural, en lugares distintos.

Observarase, finalmente, se cada texto así depurado conserva o sentido.

(H) Interferencias

Busca no periódico signos claros de que as linguas castelá e galega interferen: nomes de lugares, institucións e persoas; citas en galego, palabras galegas en textos en castelán.

Agrúpanse en listas que poden seguir, por exemplo, criterios morfolóxicos.

(I) Comentario: Son bilingüe, somos bilingües

Comentario de opinión valorando o bilingüsmo (positiva ou negativamente, segundo crea o alumno). Este comentario terá que cinguirse a unha estrutura.

Estrutura (recomendada): formulación dos conceptos de bilingüismo individual e social; comparación dos conceptos de bilingüismo e diglosia; percepción da realidade galega que ten o alumno (apoiándose en datos que coñeza); conclusión.

Poden obterse datos dos recursos citados abaixo.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies