2. CONTIDOS

2.1. Coñecementos previos

En primaria

  • Coñecemento do fenómeno do bilingüismo como realidade social en España e, en particular, do feito do fenómeno en Galicia.

En ESO

  • Recoñecemento das comunidades autónomas de España oficialmente bilingües e enumeración e situación no mapa de todas as linguas oficiais de España.

En Bachillerato

  • Pártese de que os alumnos coñecen ben o mapa lingüístico de España (incluíndo non só as linguas oficiais, senón outras variantes como o leonés e o aragonés) e de que poden trazar as grandes liñas do mapa da evolución do latín ata os nosos días (na Península e no resto de Europa).
  • Tamén se parte de que teñen nocións para entender a distinción entre bilingüismo e diglosia.

2.2. Contidos conceptuais

En primaria

  • O concepto de bilingüismo debe ser aprendido, xunto coas comunidades autónomas nas que estean recoñecidas dúas linguas oficiais.
  • Explicación de que as linguas dunha sociedade bilingüe interfiren.
  • Recoñecemento das interferencias máis frecuentes do galego en textos en castelán e viceversa: calcos léxicos, construcións gramaticais, orde de palabras…

En ESO

  • Las variedades lingüísticas (niveles, registros, dialectos). La variación dialectal en el origen del bilingüismo.
  • El concepto de bilingüismo y el de diglosia.
  • As variedades lingüísticas (niveis, rexistros, dialectos). A variación dialectal na orixe do bilingüismo.
  • O concepto de bilingüismo e o de diglosia.

(AMPLIACIÓN) Linguas en contacto: crioulos, pidgins, koinés, falas fronteirizas.

En bacharelato

  • Conceptos básicos: bilingüismo, contacto de linguas, interferencias, converxencia, interaccións, intercambio de códigos.
  • Multilingüísmo: pidgins, crioulos, koinés, vairedades fronteirizas.
  • Tipos de bilingüismo. Individual fronte a social, composto e coordinado, equilibrado e dominante, de infancia (precoz e consecutivo) ou de adulto, aditivo fronte a sustractivo, bicultural e monocultural.
  • Concepto de diglosia.
  • Trazos que determinan a diglosia: función, prestixio, literatura, adquisición, estandarización, estabilidade, gramática, dicionario, fonoloxía.

(AMPLIACIÓN) Como funciona o intercambio de códigos no spanglish.

2.3. Contidos procedimentais

En primaria

  • Recoñecemento das mensaxes que publica La Voz nas dúas linguas oficiais de Galicia.
  • Recoñecemento da situación das comunidades bilingües nun mapa.

En ESO

  • Explicación, con palabras propias, da diferenza entre bilingüismo e diglosia.
  • Valoración da situación persoal (bilingüe ou diglósica) respecto ao emprego do galego ou do español en diferentes situacións.

En bacharelato

  • Recoñecemento das interferencias do galego nun texto en castelán.
  • Exposición, con palabras propias, dos distintos fenómenos relacionados co contacto de linguas, con especial atención ás diferenzas entre bilingüismo e diglosia.

(AMPLIACIÓN) Argumentar a favor ou en contra do bilingüismo non diglósico o diglósico, segundo a opinión personal do alumno.

2.4. Contidos actitudinais

En todos os niveis

  • Interese por expresarse e manexar tanto a lingua castelá como a galega con fluidez en todo tipo de situacións.
  • Actitude crítica fronte a prexuízos e formas de discriminación lingüística.
  • Valoración da lingua como instrumento cognitivo.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies