Empeza un novo curso e con el o programa Prensa-Escuela, totalmente gratuíto para o profesorado que se apunte. Neste proxecto, todos os días da semana La Voz de Galicia en papel chega á casa do profesorado inscrito, que os mércores recibe xornais na súa aula, para que os seus estudantes aprendan a través do xornalismo e do renovado suplemento La Voz de la Escuela. E só con chamar ao teléfono 902 103 156.
Pensado para mestres de 5.º de primaria en adiante, Prensa-Escuela permite participar en actividades e concursos, con premios para docentes e nenos, e sobre todo aprender a partir da actualidade. Froito da actualización que viviu hai un par de anos o suplemento La Voz de la Escuela, e volvendo ás súas esencias —o primeiro número, o 14 de abril de 1982, tivo como noticia a guerra das Malvinas— o suplemento dedica cada semana a súa portada a un tema de actualidade, para que os rapaces estean ao día do que ocorre na súa contorna e no mundo; hai diferentes niveis de profundidade da noticia para adaptarse á súa madurez, e actividades pensadas para tres grupos diferentes. Queremos mozos preparados para participar en sociedade e en sintonía coas esixencias da nova selectividade.
Haberá, como sempre, moita divulgación e non só científica, senón tamén de arte, literatura, dereito, economía… E información útil sobre a ABAU, grazas a unha colaboración con Pedro Armas, vicepresidente da CIUG —a entidade que organiza e corrixe a proba—.
Como novidades, se incorpora un análise dos diferentes sistemas educativos do mundo; volven os pasatempos, un clásico do suplemento; proponse o estudo da historia a través da banda deseñada; un espazo para información sobre hábitos de vida saudable; información para afrontar as Fake News; ou divulgación da nosa riqueza xeolóxica grazas a unha colaboración coa Cámara Oficial Mineira de Galicia.