Pregunta: Claudia, 10 anos, CEIP A Guía. Meira (Moaña).
Responde: Lucía Rey.

Ola Claudia. Saber e dominar outros idiomas é moi importante no mundo actual. Para viaxar a outros países é indispensable, pero ata é relevante nas redaccións locais dun xornal como La Voz de Galicia. As novas tecnoloxías (que nós usamos no noso traballo todos os días acotío) e as melloras no transporte e a comunicación diluíron a fronteira do local e o global en moitos aspectos. Así, por exemplo, é frecuente que ás vilas e cidades de Galicia cheguen -para dar charlas ou participar en congresos- estranxeiros que son especialistas de prestixio en campos tan diversos como a sanidade, a literatura, a ciencia, a música ou o deporte, entre outros. O Camiño de Santiago, polo que transitan persoas con historias e motivacións curiosas procedentes de países tan afastados como Xapón ou Australia, tamén favorece ese intercambio cultural e de idiomas.

Fai a túa pregunta

8 + 3 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies