SARA CARREIRA

A inscrición no certame Xornalismo na Escola, que este curso chega a súa terceira edición, está aberta ata que comecen as vacacións de Nadal, é dicir, ata o día 22, incluído. Así que se queres que os teus alumnos sexan reporteiros da man dos xornalistas de La Voz de Galicia, non o dubides e apúntaos. Teñen que ser estudantes de ESO, FP ou bacharelato e o concurso só admite unha reportaxe por profesor, aínda que sexa dun grupo mixto de varias clases.

A partir de aí tendes máis liberdade: para elixir o tema a tratar e como enfocalo; mesmo para atopar o mellor momento para a súa publicación, que ten como data límite finais de maio. Un xurado formado por xornalistas e profesores decidirá que reportaxe merece o premio, que será a publicación da mesma (o un estrato dela) nas páxinas xerais de La Voz de Galicia.

Coñecer o xornalismo

Por que facer unha reportaxe? Pensamos que é a mellor maneira de que os rapaces valoren o traballo dos xornalistas, porque facendo saberán do difícil que é contactar con xente experta, o moito que cambian as percepcións cando os que saben explícannos unha cosa; das habilidades que hai que pór en xogo para facer unha entrevista, tanto ideala como despois para resumila; e por suposto da reflexión que esixe facer unha reportaxe. Terán as ferramentas para diferenciar entre unha noticia real dunha fake news.

En todo este proceso os profesores non estaredes sós. Xornalistas de La Voz de Galicia vos acompañarán en todo o proceso: cunha primeira visita para explicar aos vosos alumnos en que consiste unha reportaxe e despois co contacto directo con eles para preguntar calquera dúbida e mesmo botar man dos contactos de La Voz para facer a mellor reportaxe posible, que eles corrixirán e editarán.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies