Queremos compartir con todos os docentes a experiencia de usar La Voz na clase, para que se poida aproveitar ao máximo ese coñecemento e quizais vos animedes a facer cousas xuntos a través de La Voz de la Escuela.

O profesorado inscrito no programa Prensa-Escuela, é dicir, aqueles que reciben todos os mércores o xornal na súa clase, teñen que enviar ao rematar o curso unha memoria sobre o uso que fan de La Voz de la Escuela (e o conxunto do xornal) na aula para seguir pertencendo ao programa no próximo curso. É o único requisito que vos pedimos.

As memorias permítennos saber como empregades La Voz de la Escuela, que seccións teñen máis interese e cales son aquelas que hai que redeseñar. Xa nos serviron para coñecer as vosas opinións, e por iso este curso a portada do suplemento vai sempre en galego ou se remata LVE con media páxina de pasatempos; suxerístesnolo e pareceunos interesante. A idea é ofrecer ao profesorado o que necesita.

Para as memorias non hai un formato único nin unha extensión obrigatoria, nese sentido hai total liberdade. Si que debedes ter en conta que as imaxes dos alumnos que nos enviedes serán publicadas. De feito, as memorias dalgúns centros retiráronse á espera da confirmación dos datos.

Moitas grazas por formar parte do programa Prensa-Escuela.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies