CARLOS OCAMPO

O Día das Letras Galegas ofreceu algunhas coincidencias que fixeron deste 2023 un ano especial. Haberá quen pense que o feito de que fose o sexaxésimo, un aniversario redondo, non debería facer que a celebración foxe máis especial que a do cuadraxésimo terceiro, por exemplo, e perdoando o dos ordinais escritos así, para que os repasedes. O que non ten dúbida é que especial si foi o persoeiro a quen se dedicou: Francisco Fernández del Riego. El dixo, e ninguén llo desmentiu, nunha entrevista: «A conmemoración das Letras Galegas inventeina eu». Podedes contextualizar as súas palabras na entrevista que Begoña R. Sotelino lle fixo, precisamente con este titular, o 10 de maio do 2000. Cando a xornalista lle pregunta como se elixe o persoeiro das Letras de cada ano, Del Riego explícalle que xa nese momento, coma agora, era por votación, pero que os primeiros os escollera el: «O Día das Letras Galegas inventeino eu no ano 1963. En España existía o Día do Libro conmemorando a morte de Cervantes e eu pensaba que a cultura galega debía ter o seu día. Faltábame a base histórica e ocorréuseme a data do centenario da publicación de Cantares gallegos, a do exemplar encontrado en Vigo, dedicado a Fermín Caballero e datado un 17 de maio». Ese ano, xa non volo digo, o persoeiro foi, precisamente a autora do libro, Rosalía de Castro.

Sigamos con outra coincidencia. Ese ano, o 2000, as Letras dedicábanselle ao home de Rosalía, Manuel Murguía, e este ano estamos a lembrar o seu pasamento, que foi o 2 de febreiro de hai exactamente un século.

E con esta lotaría non hai outra que falar de como foi ese invento de Del Riego.

La Voz contouno así, baixo o titular «El Día de las Letras Gallegas se celebrará todos los años el 17 de mayo. En recuerdo de la publicación de los Cantares gallegos, de Rosalía» (3 de maio de 1963). Daquela presidía a Real Academia Galega Sebastián Martínez Risco, e a noticia, entre outros asuntos amais do que nos ocupa, menciona «la recepción del numerario electo don Álvaro Cunqueiro Mora». Tras citar una serie de asuntos relativos a falecementos de académicos e propostas e ingresos de outros, conta así o que nos interesa:

«Fue dada a conocer una interesantísima proposición que suscriben los numerarios señores Fernández del Riego, Gómez Román y Ferro Couselo en relación con el centenario de la publicación de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, que se cumple el 17 de mayo.

»En su vista, la asamblea acordó declarar Día de las Letras Gallegas el 17 de mayo de cada año, a partir del presente, que la Academia celebrará con la máxima solemnidad, recabando la colaboración de las instituciones culturales del país y la de todos los Centros Gallegos del mundo para mayor realce de tan señalada efemérides. En principio y por lo que se refiere al año actual quedó fijado el programa a realizar, que será anunciado oportunamente».

Para gozar de oficialidade, o acordo académico precisaba da aprobación do Ministerio de Información, da que se deu noticia o 5 de maio, xunto co ofrecemento de colaboración do Instituto Nacional del Libro.

O día de Rosalía

E chegou o primeiro 17. La Voz ofreceu unha considerable cobertura, presidida pola imaxe dun acto que se celebrara a véspera en Porto: unha ofrenda floral nun monumento a Rosalía que contou coa asistencia da única filla viva da escritora, Gala. Incluía ese día o xornal os actos anunciados para o 17, entre eles este: «A la una de la tarde, ofrenda floral de la Real Academia Gallega en la tumba de don Manuel Murguía, esposo ilustre que fue de la cantora del Sar alentador de su obra imperecedera».

Ao día seguinte, o xornal falou dos actos máis sinalados. Na primeira páxina, coa fotografía da ofrenda a Murguía, destacaba a «Brillante velada literaria de la Real Academia Gallega en la Reunión de Artesanos», presidida por un «un retrato fidelísimo de Rosalía». Neste acto, o profesor Varela Jácome fixo «un análisis profundo y certerísimo de la temática y formas de versificar que aparecen en los Cantares gallegos, extendiendo luego su estudio a los otros dos libros de versos de la autora, Follas novas y En las orillas del Sar».

Unha delegación da RAG visitou a Gala Murguía, «hija única supérstite de Manuel Murguía y Rosalía de Castro, el impar matrimonio que tanta gloria dio al país galaico».

No ano 1991, o Día das Letras Galegas, dedicado a Álvaro Cunqueiro, foi por primeira vez festivo (La Voz, 14/9/1990), porque ese ano o día do Reis caera en domingo. E así quedou para sempre, «para realzar un acontecimiento que ya venía siendo objeto de especial tratamiento en los centros de enseñanza y por las entidades culturales y cívicas de Galicia».

PARA SABER MÁIS

Los suscriptores pueden acceder a la Hemeroteca de La Voz. Un consejo: para tener éxito en la búsqueda, utiliza los cuadros que permiten acotar las fechas.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies