A noticia do día

  • Quen
  • Que
  • Onde

Así eran os nosos curmáns os denisovanos A análise xenética á punta dun dedo maimiño de hai 50.000 anos permite identificar os trazos da especie humana máis misteriosa

Así eran os nosos curmáns os  denisovanos A análise xenética á punta dun dedo maimiño de hai 50.000 anos permite identificar os trazos da especie humana máis misteriosa

R. ROMAR | REDACCIÓN | 19/09/2019 

O fragmento dun dedo maimiño, tres dentes e unha mandíbula inferior. Son os únicos restos fósiles que se atoparon dos  denisovanos, unha especie de  homínidos que conviviu ata hai 50.000 anos en parte de Europa e Asia cos nosos antepasados sapiens e cos  neandertales. Salvo que os tres grupos se cruzaron en máis dunha ocasión e que froito deste intercambio sexual os humanos modernos de Australia, illas do Pacífico e leste de Asia conservan no seu legado xenético parte do ADN do Home de  Denisova, pouco máis se sabe desta especie que foi descuberta fai relativamente pouco tempo, tras o achado no 2008 dun fragmento de óso nos montes de Altai, en  Siberia.

Os resultados obtidos, nun traballo publicado na revista científica  Cell e no que participou o Instituto de Bioloxía Evolutiva de Barcelona, un centro mixto da Universidade  Pompeu  Fabra e o CSIC, revelaron ata 56 trazos físicos do  homínido de  Denisova, que se identificaron só a partir dos datos moleculares extraídos do ADN do fragmento dun maimiño dunha nena.

Actividades

  1. Noticia complicada para empezar o curso, por suposto; pero talvez algún se interese  polos nosos inicios antigos. Á fin e ao cabo, a eles debémoslle a nosa vida de agora. Adoita dicirse que o que non sabe de onde vén non coñece ben onde vai. ¿Que che parece? 
  2. Palabras simples: dedo maimiño, dentes,  mandíbula…
  3. Palabras complicadas:  homínido, antepasados  sapiens…
  4. Palabras difíciles: ADN, denisovano, legado xenético, neandertal…
  5. Un concurso de quen sexa capaz de dar a definición adecuada?
  6. Saber de onde vimos axudará coñecer mellor onde podemos ir. ¿Que dirían de nós os nosos antepasados tan afastados no tempo… pero, á fin e ao cabo, próximos… se nos ven agora?
  7. Quen escribe un artigo ou diálogo literario sobre esa impresión que recibirían se ven agora evolucionados en nós mesmos? Premio especial para quen o escriba.
Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies