4.1.- AVALIACIÓN PREVIA

Esta proba de preavaliación serve para determinar os coñecementos e as actitudes do alumnado en relación cos problemas que causan as especies invasoras.

CUESTIONARIO:

NOME DO ALUMNO:

GRUPO:

DATA:

¿Que farías en cada un dos seguintes casos?:

1. Un bo día regálanche unha pequena tartaruga de cores. Vén co seu acuario, que pasado o tempo queda pequena para aloxala. E é que a tartaruga crece máis e máis. Ata que xa resulta demasiado grande para tela en casa. Aínda que lle colliches agarimo, é evidente que chegou o momento de buscarlle outro fogar… ¿Que é máis apropiado? Razoa a túa resposta.

  • a) Liberala nun río, encoro ou lagoa próximos.
  • b) Chamar a un axente de Medio Ambiente para que cha pase a recoller.

2. Durante un paseo cerca do mar descobres unha planta rastreira de vistosas e grandes flores rosas e brancas, que ocupa grandes áreas de superficie. ¿Que é o primeiro que pensas? Razoa a túa resposta.

  • a) Que planta tan bonita. Oxalá houbese máis.
  • b) Vaia, que curioso. Esta planta ocupa por si soa unha chea de superficie, mentres que noutras zonas hai sempre moitas especies diferentes.

3. De novo paseas ao aire libre, pero esta vez ao redor dun encoro. Sorpréndeche a enorme cantidade de cangrexos vermellos que hai nas beiras, tantos que hai que ter coidado para non pisalos.

  • a) ¿De onde poden saír?
  • b) ¿Que lle explicación dás?

4.1 ACTIVIDADE DE INTRODUCIÓN: a biodiversidade ameazada

O profesor reparte aos alumnos unha copia da NOTICIA e le en voz alta este texto:

Segundo o Convenio de Nacións Unidas sobre Conservación e Uso Sostible da Diversidade Biolóxica, denomínase biodiversidade a %u201Ca variabilidade de organismos vivos de calquera fonte, incluídos, entre outras cousas, os ecosistemas terrestres e mariños e outros ecosistemas acuáticos e os complexos ecolóxicos dos que forman parte; comprende a diversidade dentro de cada especie, entre as especies e dos ecosistemas%u201D.

A continuación, organiza un debate ao redor das seguintes preguntas:

1.¿Como resumiriades, de forma que se comprendese mellor, esta definición da biodiversidade?

2.As especies exóticas invasoras, ¿son ou non parte da biodiversidade de Galicia? ¿Por que?

3.A NOTICIA di que son máis de 200 as especies que ameazan a biodiversidade galega. ¿A cantas delas coñece a clase? ¿Cales se presentan cerca do centro escolar?

4.¿Que papel poden xogar as persoas, por exemplo os alumnos, para previr a expansión das especies exóticas?

4.2. ACTIVIDAD DE DESENVOLVEMENTO

SESIÓN 1 – AS SETE PALABRAS CRAVE

Coa copia da noticia na man, e individualmente, os alumnos deben completar este cadro (posteriormente debátense as diferentes respostas):

ANÁLISE DA NOTICIA

Máis de 200 especies exóticas invaden a biodiversidade galega

QUÉN

Persoas, grupos, entidades ou calquera ser que poida constituírse en axente ou paciente desta noticia.

QUÉ

Os feitos importantes da noticia e os termos que hai que coñecer para entender o significado da noticia.

ÓNDE

Os sitios e os espazos que determinan a situación física da noticia.

CÁNDO

Tempo, datas e momentos significativos da noticia.

CÓMO

Os pasos do proceso, as formas, as técnicas e a metodoloxía.

CÁNTO

Todo aquilo que se pode cuantificar dalgún modo, e inflúe ou describe mellor o que pasou.

POR QUÉ

Os obxectivos, os motivos, as causas e as consecuencias.

SESIÓN 3 – Un cadro resumen

A partir dos dez exemplos de especies invasoras que recolle a NOTICIA:

  • cangrexo americano
  • fieito de auga
  • visón americano
  • árbore do ceo
  • unlla de gato
  • cortadeira
  • exeria densa
  • Xenostrobus securis
  • acacia
  • cangrexo americano

trátase de que, por grupos, os alumnos obteñan a partir da NOTICIA a seguinte información, que deben plasmar nun cadro resumen:

Orixe

-O … … … % destas especies proveñen doutras zonas de España

-O … … … % destas especies proveñen doutras zonas de Europa

-O … … … % destas especies proveñen doutro continente

Localización en Galicia

-O … … … % destas especies aparecen en zonas con presenza de auga (ríos, encoros…).

-O … … … % destas especies aparecen en zonas costeiras.

-O … … … % destas especies aparecen en espazos naturais protexidos.

Forma de introdución

-O … … … % destas especies chegaron de forma natural.

-O … … … % destas especies chegaron axudadas polo ser humano, de forma intencionada.

-O … … … % destas especies chegaron axudadas polo ser humano, de forma accidental ou descoñecida.

Efectos

-O … … … % destas especies non ten efecto algún sobre a biodiversidade de Galicia.

-O … … … % destas especies causa graves efectos á biodiversidade de Galicia.

SESIÓN 4 – Un debate

O resultados da sesión anterior exponse no taboleiro e establécese un debate ao redor da seguinte premisa:

Se a clase fose a responsable de buscar solucións ao problema das especies exóticas invasoras, ¿que proporía?

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies