JESÚS GARRIDO
O estudo e o traballo coas noticias na escola non queda no simple coñecemento de datos, de saber que está pasando no mundo e xa está, vamos a outra cousa, senón que debe converterse en reto e axuda para lograr mellores actitudes cidadás. Como? Están identificadas dez estratexias para pasar a unha lectura crítica do periódico, que son as seguintes.
1 | O xornal axuda a formar un pensamento independente.
2 | Equilibrio egocentrismo-sociocentrismo: como podemos conseguilo?
3 | Axuda a ter en conta o punto de vista dos demais.
4 | Probablemente, cada idea está detrás dun sentimento e cada sentimento detrás dalgunha idea que temos.
5 | É norma xornalística que, para afirmar algo, é necesario estar ben informados e, mentres tanto, suspender o xuízo en espera de atopar novos datos.
6 | A pesar de todo e de todos, a prensa foi moitas veces un bo exemplo desta estratexia afectiva: defender o que un pensa.
7 | A coherencia entre o que se di e o que se fai é digno de primeira páxina: ás veces os xornais presentan algún exemplo notable diso.
8 | Os inventos teñen sempre un lugar para a noticia, pero a estratexia dos inventores é a persistencia ata lograr o obxectivo.
9 | Os acordos, os pactos, a paz son sempre froito do poder da razón.
10 | A lectura e a análise do xornal na aula axuda a entender os contidos e actitudes da sociedade na que vivimos e a nosa colaboración ao seu mellor desenvolvemento.
Chegou o teu momento: aplica estas dez estratexias ás noticias de hoxe e tira de ti o gran crítico que levas dentro.