JESÚS GARRIDO

The New York Times vén de publicar no suplemento The Learning Network (8 de novembro do 2021) un cadro singular con 18 técnicas e estratexias que facilitan o estudo práctico, visual e múltiple das noticias: son actividades preliminares para captar a atención dos alumnos. Cada unha desas técnicas e estratexias leva o seu título e un atractivo gráfico que marca a actividade preferente e vai desde enfocar, conectar cunha imaxe a noticia como algo de especial interese persoal, destacar un vídeo que a explica mellor, potenciala cun debuxo, unha chamada de urxencia do que sucede ou pode acontecer con esa noticia… E así ata as 18 variables que resultan atractivas para o seu estudo na escola e na conexión coa realidade.

Actividades

1 | A primeira actividade que podemos facer é a tradución literal de cada un dos 18 títulos. Isto axudaranos para a actividade seguinte, que é máis construtiva.

2 | Dividímonos en subgrupos de tres e asignámoslles a tradución das 18 estratexias e a súa explicación posterior a todo o grupo sobre a actividade que pode levar consigo.

3 | Eliximos entre todo o grupo unha noticia importante e interesante do xornal do día.

4 | Cada subgrupo de tres alumnos selecciona tres estratexias das 18 e as aplica á noticia elixida.

5 | Para ser orixinais de verdade, podemos dar un paso máis: cada subgrupo inventa un debuxo novo para cada unha das tres estratexias elixidas e un título.

6 | Reúnese cada subgrupo e discute en que vai consistir a explicación a todo o grupo da estratexia elixida, o seu debuxo, etcétera, e de que forma van actuar no futuro con este novo recurso —estratexia debuxo— cando se trate de analizar unha noticia.

Actitude positiva

Con esta iniciativa preténdese espertar as seguintes actitudes.

1 | Ao desenvolver a creatividade ante situacións difíciles, os alumnos danse conta dos problemas reais, non tratan de eludilos e senten a necesidade de achegar solucións creativas.

2 | Toman conciencia das oportunidades que perderían se non intentan resolver os problemas.

3 | Aprenden a ver os problemas coma un reto e un estímulo para actuar en favor propio e dos demais.

4 | Adéstranse en buscar alternativas e non se deixan levar polo pesimismo de que as cousas non teñan arranxo.

5 | Fanse conscientes de que a creatividade non é exclusiva dos xenios, senón que todos somos capaces de ser creativos e de buscar novas solucións.

6 | Que, aínda que a creatividade xorde en momentos e formas non sempre controlables nin predicibles, é útil pór en práctica esquemas que poidan provocar o proceso creativo: clarificación do obxectivo, recollida de datos, definición do problema, promoción de ideas, proposta de solución, aceptación e posta en marcha.

7 | Que é moi importante manter continuamente a mente aberta para adoptar os cambios e a mobilidade necesarios, sen permitirnos ancorarnos en situacións que perderon xa o seu valor.

8 | Que a actitude creativa desenvolve nas persoas un espírito crítico e un certo grao de alerta que nos facilita elixir con maior garantía o que resulta máis adecuado en cada situación.

9 | Que a creatividade é práctica e busca un produto real, e que non debe confundirse cun certo estado de imaxinación diletante e improdutiva.

10 | Que a actitude creativa te leva a considerar as necesidades específicas de cada persoa ou grupo, facilitar a súa aprendizaxe e apoiar o seu crecemento.

 

PARA SABER MÁS

Esta é a páxina de The New York Times que serve de portal ás actividades aquí propostas.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies