4.1. AVALIACIÓN PREVIA

Esta proba de preevaluación serve para coñecer os coñecementos e as actitudes do alumnado en relación cos problemas que causan as especies invasoras.

CUESTIONARIO

NOME DO ALUMNO:

GRUPO:

DATA:

¿Que sabes acerca dos espazos naturais protexidos no mar?:

1.Un espazo natural protexido é…

a) Un lugar de valor natural protexido polas leis, independentemente de que acolla flora e fauna salvaxes ou zonas agrícolas ou pesqueiras.

b) Un lugar onde aínda se refuxia a fauna salvaxe.

c) Calquera lugar de valor natural está protexido, como é lóxico. Se non, non existirían.

d) Un espazo silvestre pechado cun valo para que non penetre ninguén sen permiso.

Resposta correcta: a)

2.Escribe o nome de cinco espazos naturais que coñezas, e di se están protexidos ou non.

3.Na túa opinión…

a) Os espazos naturais protexidos deben ser necesariamente poucos. É máis importante que haxa espazo para urbanizacións, industrias, autoestradas, etc, que é onde está o diñeiro.

b) Polo menos a metade do territorio debería estar protexido. E na outra metade, a cambio, non debería haber limitacións ao uso do solo.

c) O mellor sería protexer todo o que aínda nos queda de natureza, e valorar concienzudamente cada novo proxecto de urbanización. Toda a nosa contorna debería incluír espazos para a flora e a fauna, lugares ricos en biodiversidade próximos ás persoas, porque gozar dos seus recursos é dereito de todos.

4. ¿Cres que no mar debe haber zonas protexidas, sendo tan enorme? Razoa a túa resposta.

5.Na túa opinión…

a) O mar ten aínda moitos recursos por explotar. É un lugar aínda moi descoñecido, que só estamos comezando a explorar.

b) Estamos acabando cos recursos do mar, como cos de terra. É preciso pór fin a este abuso.

c) Aínda que é posible que algúns recursos mariños se esgotaran debido a unha mala xestión, seguro que a ciencia e a tecnoloxía conseguen recuperalos ou atopar outros similares.

4.2 ACTIVIDADE DE INTRODUCIÓN: A voltas coas áreas mariñas protexidas

O profesor reparte aos alumnos unha copia da NOTICIA e le en voz alta este texto:

La Unión Internacional de Conservación de la Naturaleza (IUCN) define las áreas marinas protegidas como «cualquier área intermareal o submareal, junto con su columna de agua y la flora, fauna, historia y hechos culturales asociados, los cuales han sido protegidos por ley u otro medio efectivo de protección de forma total o parcial del área delimitada». Otra definición más básica y genérica de una Área Marina Protegida podría ser la siguiente: «cualquier zona marina definida bajo legislación para proteger sus valores marinos».

A continuación, organiza un debate ao redor das seguintes preguntas:

1. ¿Necesita ser protexido o mar nalgunhas zonas? ¿Por que?

2. ¿Por que é preciso protexelo con leis? ¿Non abonda con que as persoas saibamos cales son os seus límites?

3. ¿A quen correspondería facer cumprir esas leis?

4. ¿Por que na definición de áreas mariñas protexidas se inclúen, ademais da flora e a fauna, a historia e feitos culturais asociados?

5. ¿Se deberían facer esforzos para convencer á cidadanía de todas as idades da importancia das de áreas mariñas protexidas, ou non merece a pena?

4.3. ACTIVIDADES DE DESENVOLVEMENTO

SESIÓN 1 – AS SETE PALABRAS CLAVE

Coa copia da noticia na man, e individualmente, os alumnos deben completar este cadro (posteriormente coméntanse as diferentes respostas):

ANÁLISIS DA NOTICIA

Pesca incluirá Os Miñarzos na rede iberoamericana de reservas mariñas

QUEN: Persoas, grupos, entidades ou calquera ser que poida constituírse en axente ou paciente desta noticia.

QUE: Os feitos importantes da noticia e os termos que hai que coñecer para entender o significado da noticia.

ONDE: Os sitios e os espazos que determinan a situación física da noticia.

CANDO: Tempo, datas e momentos significativos da noticia.

COMO: Os pasos do proceso, as formas, as técnicas e a metodoloxía.

CANTO: Todo aquilo que se pode cuantificar dalgún modo, e inflúe ou describe mellor o que pasou.

POR QUE: Os obxectivos, os motivos, as causas e as consecuencias.

SESIÓN2 – Os Miñarzos e outras áreas mariñas protexidas

Na aula de informática, e por grupos, utilízase o buscador da páxina web de La Voz de Galicia (www.lavozdegalicia.es), e outros buscadores, para localizar información acerca da área mariña protexida dos Miñarzos, en Lira, Carnota (A Coruña). Esta información utilízase para elaborar, no encerado, unha breve historia de como a confraría de pescadores de Lira decidiu protexer unha zona de mar.

A continuación compártense impresións. Cada grupo presenta unha valoración do traballo feito: ¿foi unha tarefa fácil para os pescadores de Lira? ¿Que apoios tiveron? ¿Que obstáculos? ¿Mereceu a pena?

De novo os grupos regresan ao buscador, esta vez para rastrexar información acerca doutras áreas mariñas protexidas de Galicia, de España e do mundo. ¿Hai moitas ou poucas? ¿Onde hai máis? ¿Por que?

Queda por coñecer a función deste tipo de reservas no mar: ¿para que serven? elaborar unha lista das vantaxes das áreas mariñas protexidas. O profesor debe deixar tempo suficiente para esta última análise en grupo.

SESIÓN3 – ¿Queremos unha área mariña protexida?

O profesor debuxa no encerado o plano dunha costa imaxinaria co seu porto pesqueiro, a súa praia, as súas estradas de acceso, etc. A continuación debuxa sobre o espazo que representa o mar un cadrado que propón como área mariña protexida. Nun lado do encerado deixou espazo para escribir unha relación de grupos de interese que poden ter algo que dicir con respecto a esta idea. Por exemplo:

O alcalde

A oposición

Pescadores

Armadores

Comerciantes de pescado

Turistas

Hostaleiros

Transportistas

Escolares

Industriais

A prensa

Etcétera

(A clase colabora na elaboración desta lista).

A continuación, e por grupos ou individualmente, os alumnos escollen o seu papel no xogo «Poñamos en marcha un área mariña protexida»: cada un deles representa a un destes grupos de interese nunha suposta reunión organizada no concello para discutir a idea.

Antes de finalizar, procédese a unha primeira votación: cada «personaxe» (cada alumno) explica brevemente o seu voto.

A continuación cada alumno, xa á marxe do seu personaxe, e polo tanto segundo a súa propia opinión, vota de novo.

¿Hai diferenzas entre ambos os resultados?

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies