Dende Prensa-Escuela, o programa educativo La Voz de Galicia, queremos que as clases miren polas ventás e gocen coa natureza e aprendan a estudala. Para iso organizamos xunto co Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (Ceida) e a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas Terras do Mandeo o concurso Xornalistas Naturais-Caderno de Campo, no que un aula ten que facer un seguimento da evolución da súa contorna.
Poden participar profesores de primaria, ESO, FP, bacharelato e educación especial. Dende o 8 de xaneiro ao 8 de maio deberán facer entradas periódicas con texto e imaxes vixiando a evolución da natureza do seu colexio. O día 15 de maio deberán entregar o seu traballo nun pdf e no luns seguinte o xurado elixirá aos gañadores de cada categoría.
O premio, do que poderán gozar nas seguintes semanas será visitar a Reserva da Biosfera cun programa específico para cada grupo.
O prazo de inscrición no concurso remata o 22 de decembro, e o profesor interesado debe enviar un correo electrónico a cuadernodecampo@prensaescuela.es con seu nome, teléfono, aula, número de alumnos, centro educativo e concello.