La Voz de Galicia leva actualidade ás aulas galegas para axudar aos profesores a explicar a realidade aos seus alumnos. Faino de xeitos moi variados: todos os días, na súa páxina web (prensaescuela.es) aparece unha palabra e unha foto vinculadas a sendas noticias; e cada mércores, os profesores que se apunten ao programa Prensa-Escuela terán xornais na súa aula, co suplemento de La Voz de la Escuela.

Este suplemento, que sae os propios mércores, destaca na súa portada un asunto de alcance, algo do que se estea a falar na rúa, que os rapaces poidan escoitar na casa, e o leva á aula en tres niveis: un básico sobre a noticia, outro que a pon en contexto e finaliza cun afondamento para quen queira ir un paso máis aló. Cada nivel ten as súas propias actividades para desenrolar en clase e fixar os coñecementos e competencias.

Non só iso. Hai moito máis:

  • Un percorrido pola Hemeroteca de La Voz e os asuntos tratados no pasado
  • Unha guía para aplicar á noticia ao currículo
  • Divulgación. De asuntos moi variados, dende ciencia, que non pode faltar en La Voz de la Escuela, ao mundo do dereito, a literatura, a economía e mesmo a arte.
  • Un espazo sobre a natureza, e non calquera, senón aquela que un rapaz pode encontrar entre a súa casa e o instituto.
  • Prácticas de éxito de colexios galegos, para que os profesores saiban o que se está a facer por aí.
  • Entrevistas a profesionais para que expliquen aos rapaces en que consiste o seu traballo, que estudaron para telo e que aprenderon no proceso.
  • Axuda emocional de coach profesionais para abordar os problemas e conflitos que viven os adolescentes e as súas familias
  • Se das clase en ESO ou bacharelato, os teus alumnos poden converterse en verdadeiros reporteiros
  • E por suposto, os clásicos de La Voz de la Escuela: o calendario mensual coas efemérides e a guía do profesor

Este ano, ademais, haberá algunhas novidades:

  • Pasatempos adaptados á idade dos rapaces
  • Axuda para a nova selectividade

Como fai dende hai 40 anos, La Voz de Galicia quere axudar aos mestres a preparar aos seus alumnos para vivir nunha sociedade complexa, cambiante e apaixonante, para que sexan cidadáns activos, comprometidos e informados.

Se es profesor de 5.º de primaria en adiante chama ao 902 103 156 e apúntate gratis

O programa inclúe como agasallo o xornal entre semana á casa do profesor

 

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies