6.1. Avaliación da actividade

Na medida en que se chegue a ver todos os casos dos textos base de traballo lográronse os obxectivos.

Respecto de que haxa máis ou menos acordo acerca de se en cada un é preferible adoptar o estranxeirismo ou optar por outra posibilidade, é probable que o maior seguimento deste deporte decante as preferencias cara aos préstamos tantas veces xa escoitados e asimilados. Quizá non sexa tan importante lograr convencer como facer reflexionar.

6.2. Avaliación do alumno

Obviamente, as actividades primeira e segunda poden trasladarse aos mecanismos de avaliación (exames) periódicos (trimestrais ou semitrimestrais) que se empreguen para cualificar aos alumnos. De ser así, convén sopesar ben en que medida o exercicio proposto conterá unha porcentaxe non inferior ao 50 por cento de casos xa traballados no aula.

6.3 Avaliación actitudinal

Esta avaliación xa se levou a cabo na terceira actividade.

Por outra banda, e non obstante o dito no punto 6.1, na medida en que se logren cambiar actitudes, sobre todo ao escribir, a actividade resultaría exitosa.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies