5.1. Técnicas

Para a primeira noticia, a técnica da lección interactiva: o profesor presenta, propón, pregunta, responde e os alumnos, preguntan e responden. Todo o mundo traballará cunha copia da noticia para poder subliñar, apuntar, escribir… Conviría que dispuxesen dun dicionario bilingüe inglés-galego e dalgún dicionario que proporcione etimoloxías das palabras.

Para a segunda, de aplicación do ensinado, organizaranse pequenos grupos que traballarán de xeito autónomo para logo pór en común as súas conclusións, nunha sesión de gran grupo. A posta en común debe ser dinámica e participativa. Evitarase o excesivo protagonismo dun grupo, na medida do posible, e dun só alumno por algún dos grupos.

Para a valoración das actitudes (terceira actividade), o profesor lerá as preguntas (que pode pedir aos alumnos que copien nos seus papeis), deixará un breve instante de reflexión e cada un anotará nun papel a súa resposta. Aínda que, obviamente, non é necesario pedir ao alumno que copie as preguntas, isto pode contribuír a fixar as actitudes que poden adoptar.

5.2. Agrupamentos e espazos

Gran grupo para a primeira actividade.

Para a segunda, pequenos grupos e despois gran grupo para a posta en común. Tamén se pode desenvolver individualmente, aínda que a posta en común non dará tanto xogo.

Para a terceira actividade, gran grupo.

Tempos. Dependendo da dinámica habitual do grupo (facilidade para entrar en materia e para organizarse en grupos), unha ou dúas sesións.

5.3. Recursos e medios

-Copias das noticias ou textos que se van a traballar. A hemeroteca virtual de La Voz de Galicia proporcionará multitude de noticias para desenvolver o tema.

-O autor deste e-studio publicou no suplemento La Voz da Escola (14 de novembro do 2007) un artigo baixo o título «Anglicismos a más de 300 km/h». O devandito artigo pode achegar suxestións ante palabras concretas e servir de presentación da unidade. Pode descargarse desde a web de Prensa-Escuela. Picando en Suplementos e a continuación en Buscador, se se introduce na casa Texto algunha palabra significativa do título, como «anglicismos», o buscador devolverá o resultado esperado.

-Para o desenvolvemento das actividades, especialmente para a segunda, é imprescindible contar cun dicionario bilingüe inglés-galego por equipo. Tamén convén ter a man un dicionario da lingua que dea unha etimoloxía das palabras.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies