2.1. Obxectivos básicos

  • a) Reforzar ou recordar os conceptos de neoloxismo e de anglicismo (ou doutros tipos de préstamos, así como as linguas das que proceden).
  • b) Descubrir os anglicismos (ou outros préstamos e neoloxismos) que contén un texto dado.
  • c) Suxerir unha adaptación ortográfica de cada préstamo ao galego.
  • d) Propor unha expresión galega adecuada para o préstamo.
  • e) Avaliar a conveniencia de adaptar o anglicismo ou rexeitalo.

2.2. Obxectivos de reforzo e ampliación

O tema é inesgotable, tanto pola cantidade de información que se xera como polo carácter de permanente evolución da lingua. Así que se pode estar atento ás noticias para ir descubrindo novas incorporacións ou para atopar novos textos cos que traballar para facer actividades de reforzo ou de repaso.

Ademais, o fenómeno non afecta unicamente ao deporte da fórmula 1, co que calquera outro deporte ou moitos outros temas ofrecerán abundante material de traballo a pouco que se busque.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies