Nalgunhas ocasións os prexuízos relixiosos – e tamén os filosóficos – dificultaron o avance da ciencia. Pero se algo se pode demostrar (por exemplo que a Terra dá voltas ao redor do Sol ou que as especies evolucionan co tempo) só é #cuestión de tempo que alguén dea coa forma de demostralo. Neste sentido non só a relixión ou a filosofía puxeron límites ao avance da ciencia, xa que moitas veces os propios científicos teñen dificultades para imaxinar unha realidade máis aló do que todo o mundo acepta. Por iso falamos de “revolucións científicas” cando un grupo de investigadores (xeralmente novos) atrévese a pensar máis aló das convencións do seu tempo e consegue poñer patas para arriba unha disciplina científica. 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies