La Voz de Galicia e Viaqua volven unir as súas forzas no seu compromiso co desenvolvemento sostible e nesta ocasión buscan involucrar aos escolares galegos, profesores e familias; nunha acción coa que impactar no seu día a día e no medio ambiente.
Numerosos estudos acreditan que un ser humano tarda en adaptarse a un novo cambio ou hábito, 21 días. Por iso é polo que este novo concurso chama á participación do alumnado galego (de Educación Primaria, Educación Secundaria ou Educación Especial) a desenvolver un dossier querecoja as accións planificadas e levadas a cabo durante ese tempo (21 días), polo propio alumnado, co obxectivo de coidar o medio ambiente, transformar o mundo con novos hábitos de vida e contribuír a cumprir os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible marcados pola ONU na Axenda 2030.
Os alumnos poderán participar de maneira individual ou como clase, e deberán documentar nun dossier as pautas realizadas, os recursos utilizados e as melloras obtidas.
Os escolares terán ata o próximo 8 de xuño para entregar os seus traballos e poder optar así a calquera dos fantásticos premios:
Premios en caso de participación como aula:
- 1º premio para a aula: Encerado electrónico ou Portátil (a elixir).
Premios en caso de participación individual:
- 1º premio para alumno ou alumna: iPad.
- 2º premio para alumno ou alumna: Altofalante.
- Premio para o profesor ou profesora supervisor dos traballos gañadores do primeiro premio en participación individual: Invitación a un espectáculo cultural dos celebrados na Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra ou Vigo ao longo do ano 2021.
Esperámosvos a todos!
Bases do concurso 21 días transformando o mundo con La Voz de Galicia e Viaqua